Coma orixe do nome GOIÁS adóitase propoñer o antropónimo gótico Gaudilanis, que ao mesmo tempo é o diminutivo do nome xermánico Gauda, formado sobre a raíz gaud (“godo”). Actualmente a parroquia ten once aldeas que son: Beilás, Cáceme, Casares, As Casas Novas, Cotarelo, Delaparte, A Igrexa, Palmaz, Pareizo, Os Porcallos e O Santón. Neste roteiro pódese coñecer boa parte da historia e do patrimonio desta parroquia.
A igrexa de Goiás é unha xoia do románico rural. Esta igrexa do século XII é das poucas do Concello que conserva o principal da primitiva construción románica o que lle confire un especial valor.
Mapa da ruta
Descarga o track para gps
Track Roteiro de Goiás |
Percorrido: Circular — Distancia: 16 km — Duración: 4 horas — Dificultade: baixa
Percorrido sinalizado con sinaléctica de Roteiros de Lalín
Descarga o caderno informativo
Galería fotográfica