A andaina XII de Roteiros de Lalín é un percorrido circular con comezo e final no campo da festa da Xesta. A parroquia de San Fiz da Xesta ten moitos encantos e curiosidades que quedarán ao descuberto a medida que pasemos polos seus lugares. O Camiño de Santiago, a variante sanabresa da Vía da Prata, é o eixo que cruza de leste a oeste a parroquia da Xesta e pola que comeza e remata o roteiro.
A andaina da Xesta celebrouse o domingo día 22 de xaneiro de 2017. Na galería fotográfica podedes comprobar que este roteiro ofrece moitos lugares e paisaxes dos que disfrutar.
Percorrido longo
- Distancia 21 quilómetros
- Dificultade media
- Duración 5 horas aproximadamente
- A Xesta, fondo da Xesta, Medelo, Sante, San Fiz, A Fervenza, monte común da Xesta, Puxallos, Seixas, O Navallo, muíño de Froiz, Pontenoufe, A Vila e A Xesta.
Percorrido medio
- Distancia 15 quilómetros
- Dificultade baixa
- Duración 4 horas aproximadamente
- A Xesta, fondo da Xesta, Medelo, Sante, San Fiz, A Fervenza, monte común da Xesta, Puxallos, monte de San Bieito, muíño de Froiz, Pontenoufe, A Vila e A Xesta.
Percorrido curto
- Distancia 12 quilómetros
- Dificultade baixa
- Duración 3 horas aproximadamente
- A Xesta, San Fiz, A Fervenza, monte común da Xesta, Puxallos, monte de San Bieito, muíño de Froiz, Pontenoufe, A Vila e A Xesta.