Cercio e os Sobreirais do Arnego.

 

 

22. sobreirais do arnego

As sobreiras son as protagonistas desta andaina. Están alí, no doce val do río Arnego. Son un tesouro botánico. Unha beleza que nos regala a natureza.

Partiremos de Cercio, ao carón da súa igrexa con detalles barrocos e o seu cruceiro. Os primeiros camiños levarános preto de Cello onde veremos un muíño e a súa igrexa ao lonxe. Continuaremos ata a igrexa de Cangas e o seu cruceiro realmente fermoso. Pasaremos pola aldea de Montrigo e novamente adentrarémonos por fermosos camiños.

O seguinte punto de interese será a vella fábrica de papel de Rodís co árbol senlleiro do incenso. O entorno deste lugar é realmente bucólico. Subiremos preto da igrexa románica de Rodís. Despois voltaremos por fermosos camiños e pasaremos por diante da igrexa de Rodís do cabo que é realmente singular.

Xa despois iremos polas teixugueiras e o maxestuoso sobreiral do Arnego que veremos tamén dende o mirador de As Piniceiras. Bonitos camiños conducirános ao pé do Castro de Palio onde sentiremos a presencia de “os mouros”. Dende alí iremos cara a igrexa de Santa Eulalia de Palio, un templo único de orixe protorrománica ou visigótica.

Finalmente retornaremos a Cercio onde remataremos a andaina.

 

 

Perfil da ruta e mapa:
*Percorrido curto:

Distancia: 14 Kms.
Dificultade: baixa.
Duración aproximada: 4 horas.
Itinerario: Lalín, Paseo Pontiñas, lago auditorio, Lalín de arriba, rego de Reboredo, Campo do Malato, A Veiga, Carballeda.

MAPA cercio e sobreirais

*Percorrido longo:

Distancia: 21 Kms.
Dificultade: media-alta
Duración aproximada: 5 horas.
Itinerario: Cercio, Cello, Igrexa de Cangas, Montrigo, Fábrica de papel de Rodís, Rodís, Rodís do cabo, as Teixugueiras, Sobreiral do Arnego, mirador das Piniceiras, Castro de Palio, Palio, Igrexa de Santa Baia, Cercio.

Descargas

Libro da ruta hoja3
O coto das covas. Por Antonio Presas García hoja3
Igrexa románica de Cangas. Por Antonio Presas García hoja3
A igrexa de Santa Baia. Por Antonio Presas García hoja3
O Castro de Palio. Por Antonio Presas García hoja3
Track curto wikiloc
Track longo wikiloc