Inscrición

Nome completo (obrigatorio)

Teléfono (obrigatorio)

DNI (obrigatorio)

Data de nac. DIA MES ANO (obrigatorio)

Correo electrónico

Concello de procedencia (obrigatorio)

Estou en posesión de licencia federativa da Federación de Montañismo en vigor para o ámbito no que se desenvolve esta andaina
NONSI

Son soci@ de Roteiros de Lalín
NONSI



No caso de NON estar en posesión da licencia federativa, e non ser soci@ de Roteiros de Lalín, o Concello de Lalín, sen custe para vostede, subscribirá unha póliza de seguro para accidentes deportivos con cobertura no día da andaina. Para estar cuberto por este seguro de accidentes é requisito necesario estar CORRECTAMENTE INSCRITO EN PRAZO para participar nesta actividade (o prazo de inscrición remata o xoves día 8 de xuño ás 23:59 horas). A organización únicamente asumirá as continxencias correspondentes aos participantes correctamente inscritos no prazo indicado.


Asumo de responsabilidade (obrigatorio)
SI



MANIFESTO:

1. Que estou fisicamente ben preparado para a práctica do sendeirismo, gozo de boa saúde en xeral, sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa miña participación na devandita actividade. Se durante a proba, padecese algún tipo de lesión ou calquera outra circunstancia que puidese prexudicar gravemente a miña saúde, poreino en coñecemento da organización canto antes.
2. Que son consciente de que este tipo de actividade, ao desenvolverse no medio natural, en lugares de difícil control e acceso, levan un risco adicional para os participantes. Por iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo integramente os riscos e consecuencias derivadas da miña participación.
3. Que dispoño de capacidade física e destreza técnica suficientes como para garantir a miña propia seguridade, baixo as condicións de autonomía nas que se desenvolve a actividade. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade esixido pola organización e garanto que se atopa en bo estado, se utilizalo adecuadamente e levareino encima durante toda a actividade.
4. Que domino e comprométome a cumprir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización na que vou intervir, así como a manter un comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade física ou psíquica. Seguirei as instrucións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización
en temas de seguridade.
5. Que autorizo aos Servizos Médicos da actividade, a que me practiquen calquera cura ou proba diagnóstica que puidese necesitar estando ou non en condicións de solicitala. Ante os seus requirimentos comprométome a abandonar a actividade se eles estímano necesario para a miña saúde.
6. Que autorizo á organización calquera fotografía, filmación ou gravación que tomen, sempre que estea exclusivamente relacionada coa miña participación neste evento.
7. Que participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na actividade de sendeirismo.


A ruta é gratuita. O punto de encontro dos participantes será a Praza da Igrexa de Lalín de 9:00 a 9:30 horas. Saída en bus gratuito por xentileza do Concello de Lalín ata o Pazo de Liñares (Prado) que é o punto de inicio da andaina. O Roteiro é lineal. A ruta estará sinalizada coas marcas de Roteiros de Lalín. O ritmo para facela é libre.