Pazo de Liñares

 

O Pazo de Liñares é un edificio de estilo barroco representativo da cultura pacega.

Hai constancia da súa existencia dende alomenos o ano 1512, aínda que na súa maior parte foi construído a finais do s. XVII e principios do s. XVIII.

Os dous corpos dos que consta o edificio fúndense perfectamente na fachada principal, na que sobresaen a gran cheminea e o escudo de armas da familia Taboada. Na parte posterior destaca a gran galería de arcos na parte nova e obsérvase claramente a construción máis antiga, cunha escaleira de acceso de triple rampla.

A liñaxe dos Taboada foi propietaria do pazo durante catro séculos, ata o ano 1920 no que o seu último sucesor deixa a casa. A partir dese momento caeu no abandono e na ruína. Foi restaurado como museo.