Igrexa de Donsión

 

Igrexa barroca da primeira metade do século XVIII edificada baixo o mecenazgo da familia Gil-Taboada.

A planta da igrexa é de cruz latina sendo as capelas laterais os brazos do cruceiro. A sancristía está detrás do retablo barroco. A nave central é de bóveda de cañón con tres arcos faxóns. No cruceiro ten unha cúpula semiesférica sustentada por catro arcos torais e pechinas. Estando feitos todos estes elementos en pedra de sillería, dado o seu elevado peso, precisouse de elevar considerablemente a altura da nave e dotar de moito grosor ás paredes laterais.

A fachada principal está presidida pola imaxe en pedra de Santa Baia dentro dunha hornacina e ten pináculos e elementos decorativos propios do barroco. Destaca o campanario dividido en dous corpos, o inferior cadrado e o superior octogonal rematado en cúpula.

No interior da igrexa resplandece en tonos dourados o fermoso retablo maior de estilo barroco realizado polo entallador do lugar de Chapa, Silvestre Colmeiro.

A nova igrexa fíxose na parte posterior da antiga, e foi bendicida o 15 de maio de 1749 coa asistencia do bispo de Lugo.

Cayetano Gil Taboada (1688-1751) Foi bispo de Lugo e arcebispo de Santiago de Compostela. Naceu en Barcia. Era fillo de Pedro Gil Taboada e de Flavia Gil Gundín. Baixo o seu mandato terminouse a fachada barroca da catedral de Santiago. Por encargo do seu tío Felipe Antonio mandou edificar o fermoso templo de Santa Baia de Donsión no que traballaron mestres do barroco compostelán. Na igrexa están as sepulturas dos seus avós, os señores do Pazo de Bergazos, Gómez Gil Taboada e Beatriz Fernández Gundín.