Camiño do Corpiño

 

O Camiño do Corpiño é a ruta que seguen os romeiros ata o Santuario do Corpiño. O itinerario que sinalizamos pasa ademais polas igrexas de Noceda e Madriñán, a capela das Mercedes e a igrexa de Anzo, e tamén pola de Santa Baia de Losón. Igualmente esta ruta conmemora o percorrido que seguiu a comitiva fúnebre do aviador Loriga dende o Pazo de Liñares ata a igrexa de Santa Baia de Losón, onde recibiu inicialmente sepultura, e onde están soterrados moitos defuntos da casa de Liñares. Esta ruta destaca pola arquitectura civil e relixiosa, polo patrimonio arqueolóxico e etnográfico, e a nivel gastronómico pola excelente produción agroalimentaria da contorna.

 

DESCRICIÓN DO ROTEIRO

 Este roteiro nace dunha proposta dun grupo de veciños e veciñas da zona do Corpiño que quere dinamizar este lugar potenciando os moitos valores históricos, culturais e naturais que atesoura.

 Avánzase como hipótese que algún peregrino puidera desviarse do Camiño de Santiago e optar por achegarse a cidade do apóstolo indo dende Prado ata o santuario do Corpiño e dende alí seguir por terras de Fontao e Carboeiro ata Ponte Ledesma, para continuar ata Compostela. Aínda que a hipótese apuntada tería que confirmarse con documentos que acreditasen este feito, dende logo este roteiro alternativo non cabe dúbida de que ten interese cultural e paisaxístico dabondo para facer por el un bonito percorrido.

 Sí parece moi claro e acreditable que en Prado confluían cando menos tres camiños. Un vial central que iría dende Ourense a Santiago que sería a rota de peregrinación a Compostela pola Ponte Taboada. Outro camiño que viría dende o surleste por Vilatuxe procedente do Carballiño e o Ribeiro. E un terceiro que continuaría dende Prado cara o norte dirección Vila de Cruces con desviación cara a Ponte Ledesma. Multitude de casas levan nos dinteis datas de principios do século XIX, cousa que apunta a un desenvolvemento destes lugares nesa época.

 Polo tanto, o roteiro que plantexamos, dende Liñares ata o Corpiño, iría por este último itinerario que podería ser usado por arrieiros, por romeiros do Corpiño, para transportar o mineral extraído de Fontao ou como vía de comunicación en xeral.

 Pero ademáis este roteiro pode coincidir nalgún tramo cos dez quilómetros de camiño que percorreu a comitiva fúnebre do malogrado aviador Joaquín Loriga, dende Prado ata a igrexa de Losón. Conta Daniel González Alén no seu libro sobre o aviador Loriga, que todos se disputaban levar o ataúde aos ombros. Tras o cadáver ía a súa viúva e os seus familiares, segundo relatou un cronista da época, “todos a pie por calzadas, trochas y veredas”. A comintiva fúnebre foi de Prado a Losón, sendo nesta igrexa parroquial onde os restos de Loriga recibiron sepultura a carón dos seus antepasados, colocándose unha placa de bronce na súa tumba. Posteriormente os seus restos mortais serían trasladados a Madrid.

 

libro da ruta comprimido

Descargas

ALTIMETRIA

Libro da ruta hoja3
Track longo
wikiloc