MUÍÑOS DO
REGO DE LAMAS
PERCORRIDO SINALIZADO Á VOSA DISPOSICIÓN
- Distancia 12 quilómetros
- Dificultade baixa
- Duración aproximada 4 horas
- Percorrido: Bermés, Riádigos, Castro, Pascuilla de Lamas, Vilar do Río, Capela de Santa Lucía, Muíño de Cuíña, Fervenzas do Rego de Lamas, Muíño de Cuíña.
Recomendacións:
- levar tf móbil ca batería cargada
- levar mochila con auga e algo de comer para a ruta
- Calzado de monte, roupa de abrigo por se refresca
- Non apto para menores de 12 anos
Non é necesaria inscrición.
Wikiloc (Roteiros de Lalín – Viarum Dezae).
Facebook (Roteiros de Lalín – Viarum Dezae).
________________________________________
Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto impulsado polo Concello de Lalín e feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.
Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 15 roteiros e está á vosa disposición. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.
RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)
RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)
RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)
RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)
RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)
RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)
RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)
RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)
RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)
RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)
RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)
RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)
RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)
RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)
RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)