Capela adicada a Nosa Señora das Dores feita no s.XVIII e ampliada no s.XIX.
É de notables dimensións e de estilo barroco. Consta dunha nave de grande cabeceira con torre campanario cadrada e remate octogonal. Ten unha cúpula e bóveda de medio canón.
Na fachada hai unha imaxe pétrea da Virxe das Dores nunha fornela e un reloxo de sol nun lateral.
No interior o retablo principal retrata escenas da paixón de cristo. Nunha capela lateral quedou o antigo retablo barroco, que agora ten unha imaxe da Virxe das Dores rodeada por oito anxos, e tamén a imaxe de Cristo xacente. Un terceiro retablo neoclásico, está presido por San Xoán Bautista, acompañado de San Antonio, e as Virxes de Lourdes e Fátima, estas dúas de nova factura.
Retablo principal con escenas da paixón de Cristo e do desencravamento da cruz.
Capela lateral cun Cristo xacente e un retablo barroco.
Non falta no recinto unha fonte milagreira na que brota un manancial que nace mesmo debaixo da capela, a cuxas augas se atribúen propiedades para curar as verrugas e outros males sempre que se fagan os rezos e as nove voltas que os devotos dan de xeonllos o redor da capela.
Hai poucos anos que se reformou e mellorou e tamén se ergueu un ben labrado cruceiro nas proximidades, doado por un canteiro do Salnés que el mesmo esculpiu para agradecer a Virxe a curación da súa dona dunha grave doenza que padecía.
Descarga máis información
A capela das Dores de Montouto por Daniel González Alén |