O Camiño de Inverno vai ser recoñecido oficialmente coma un dos Camiños de peregrinación a Santiago. Este itinerario xacobeo comeza en Ponferrada e continúa polo val do río Sil, Monforte, Chantada, Rodeiro e Lalín. Finalmente conflúe no lugar de A Laxe coa chamada Vía da Prata na súa variante sanabresa.

Este roteiro transcorre polo tramo final deste Camiño de Santiago no Concello de Lalín. O punto de comezo sería a ponte de Pedroso aínda en Rodeiro. O seu final está no lugar de A Laxe.
CAMIÑO DE INVERNO
MAPAS
Pedroso – Lalín

Lalín – A Laxe

Descargas
ALTIMETRIA
| Libro da ruta | |
| Folleto | |
| Imaxes e mapas | |
| Track longo |