Igrexa de Donsión

 

Igrexa barroca da primeira metade do século XVIII edificada baixo o mecenazgo da familia Gil-Taboada.

A planta da igrexa é de cruz latina sendo as capelas laterais os brazos do cruceiro. A sancristía está detrás do retablo barroco. A nave central é de bóveda de cañón con tres arcos faxóns. No cruceiro ten unha cúpula semiesférica sustentada por catro arcos torais e pechinas. Estando feitos todos estes elementos en pedra de sillería, dado o seu elevado peso, precisouse de elevar considerablemente a altura da nave e dotar de moito grosor ás paredes laterais.

A fachada principal está presidida pola imaxe en pedra de Santa Baia dentro dunha hornacina e ten pináculos e elementos decorativos propios do barroco. Destaca o campanario dividido en dous corpos, o inferior cadrado e o superior octogonal rematado en cúpula.

No interior da igrexa resplandece en tonos dourados o fermoso retablo maior de estilo barroco realizado polo entallador do lugar de Chapa, Silvestre Colmeiro.

A nova igrexa fíxose na parte posterior da antiga, e foi bendicida o 15 de maio de 1749 coa asistencia do bispo de Lugo.