Concurso de Fotografía “Roteiros de Lalín”
Está en marcha o primeiro concurso de fotografía “Roteiros de Lalín”. Tedes aberto o prazo para enviar as vosas fotografías que remata o día 30 de setembro. Animádevos a participar.
As bases do certame están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día luns 31 de Xullo. Podédelas descargar premendo aquí:
bases concurso BOP an.bop.PONTEVEDRA.20170731.2017035343
De xeito resumido a forma de participar é a seguinte:
As fotografías que queirades enviar para participar no concurso hai que envialas ao noso correo electrónico: roteiros@lalin.gal
Será preciso un envío por cada unha das obras presentadas. Esa mesma dirección de correo utilizarase para resolver calquera dúbida sobre o concurso.
O NUMERO MÁXIMO DE FOTOGRAFÍAS POR AUTOR É DE 4. Cada fotografía poderá acompañarse dun pequeno texto explicativo sobre as cuestións que o autor considere relevantes sobre a mesma (máximo 30 palabras).
Todas as obras remitiranse por correo electrónico no cal se incluirán os seguintes datos:
a) Nome do autor/a.
b) Titulo da obra.
c) Localización onde foi tomada a obra.
d) DNI do autor/a.
e) Data de nacemento do autor/a.
f) Domicilio, mail e nº de teléfono de contacto do autor/a.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN PÉCHASE O 30 DE SETEMBRO DE 2017 AS 12:00 H.
5. MODALIDADES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA:
Haberá diferentes modalidades para optar a premio. Será o xurado na súa selección quen
decida a qué categoría pode optar cada unha delas. Cada fotografía so pode competir nunha modalidade , salvo na modalidade “Premio Roteiros do Público” onde todas as fotografías poderán competir.
a) 1º Premio Roteiros de Lalín: a categoría absoluta, todas as fotografías presentadas poderán optar a esta modalidade
b) Premio Roteiros Natureza: poderán optar a esta modalidade todas as fotografías presentadas que fagan referencia a cuestións de gran interese natural e medioambiental
c) Premio Roteiros Patrimonio: poderán optar a esta modalidade todas as fotografías
presentadas que fagan referencia a cuestións de gran interese patrimonial e histórico
d) Premio Roteiros do Público: categoría que será votada polo público a través da web
roteiros.lalin.gal de forma regrada.
6. CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS:
a) Serán fotografías inéditas nunca publicadas nin en prensa, nin webs, nin nas redes sociais, nin que xa tiveran algún premio en outros concursos. A infracción desta premisa cunha soa das obras das bases descualifica ao autor de xeito inmediato para a concurso.
b) As fotos son exclusivas do autor, non podendo usar fotografías tomadas por outros
autores. A infracción desta premisa cunha soa das obras das bases descualifica ao autor de xeito inmediato para a concurso.
c) As obras presentaranse en formato JPEG cun tamaño mínimo de 3 Mb e un máximo de
20 Mb. Aos autores seleccionados para a exposición “Roteiros de Lalín” poderáselles requirir formatos de máis calidade para a montaxe da mesma.
d) Admitiranse fotos en branco e negro en cor.
e) Non se admitirán fotomontaxes, ou composicións froito da manipulación dixital dos
elementos da escena, engadindo ou retirando elementos que alteren a información icónica ou iluminación da escena orixinal. Quedando permitidos por tanto, todas aquelas manipulacións relacionadas co control tonal da escena e cor en función dos propósitos artísticos do autor.
f) Para realizar as fotos son válidos calquera tipo de medio fotográfico como teléfonos móbiles, cámaras antigas ou calquera outra tecnoloxía.
g) Nas fotografías que aparezan persoas recoñecibles terán que asinar o seu consentimento para que o autor poida presentar dita obra ao certame.
Poderase votar unha vez por cada fotografía, ata un máximo de 3 fotografías diferentes.