Inscrición

Nome completo (obrigatorio)

Teléfono (obrigatorio)

DNI (obrigatorio)

Data de nac. AAAA-MM-DD (obrigatorio)

Correo electrónico

Concello de procedencia (obrigatorio)

Estou en posesión de licencia federativa da Federación de Montañismo en vigor para o ámbito no que se desenvolve esta andaina
NONSI



No caso de NON estar en posesión da licencia federativa, o Concello de Lalín, sen custe para vostede, suscribirá unha póliza de seguro para accidentes deportivos con cobertura no día da andaina. Para estar cuberto por este seguro de accidentes é requisito necesario estar CORRECTAMENTE INSCRITO EN PRAZO para participar nesta actividade (o prazo de inscrición remata o xoves día 26 de maio ás 23:59 horas). A organización únicamente asumirá as continxencias correspondentes aos participantes correctamente inscritos en prazo.


Asumo de responsabilidade (obrigatorio)
SI



MANIFESTO:

1. Que estou fisicamente ben preparado para a práctica do sendeirismo, gozo de boa saúde en xeral, sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa miña participación na devandita actividade. Se durante a proba, padecese algún tipo de lesión ou calquera outra circunstancia que puidese prexudicar gravemente a miña saúde, poreino en coñecemento da organización canto antes.
2. Que son consciente de que este tipo de actividade, ao desenvolverse no medio natural, en lugares de difícil control e acceso, levan un risco adicional para os participantes. Por iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo integramente os riscos e consecuencias derivadas da miña participación.
3. Que dispoño de capacidade física e destreza técnica suficientes como para garantir a miña propia seguridade, baixo as condicións de autonomía nas que se desenvolve a actividade. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade esixido pola organización e garanto que se atopa en bo estado, se utilizalo adecuadamente e levareino encima durante toda a actividade.
4. Que domino e comprométome a cumprir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización na que vou intervir, así como a manter un comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade física ou psíquica. Seguirei as instrucións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización
en temas de seguridade.
5. Que autorizo aos Servizos Médicos da actividade, a que me practiquen calquera cura ou proba diagnóstica que puidese necesitar estando ou non en condicións de solicitala. Ante os seus requirimentos comprométome a abandonar a actividade se eles estímano necesario para a miña saúde.
6. Que autorizo á organización calquera fotografía, filmación ou gravación que tomen, sempre que estea exclusivamente relacionada coa miña participación neste evento.
7. Que participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na actividade de sendeirismo.


Utilizarei o autobús (obrigatorio) para ir dende a praza da igrexa de Lalín ata a Arou onde comeza a andaina e regreso dende Cabo Vilán ou Camariñas (rutas curta e longa) ao finalizar o percorrido (custe total 7 euros que se abonan ao subir ó autobús)
SI


CAPTCHA - Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes basura.