Roteiros de Lalín

 

RUTA AO MIRADOIRO DO PEDROSELO

DIA DOMINGO 16 DE DECEMBRO DE 2018

HORARIOS:

9:15 HORAS CONCENTRACIÓN NA PRAZA DA IGREXA DE LALÍN

9:30 HORAS Desprazamento en autobús ata o Pozo do Boi e comezo da andaina nese punto.

O Roteiro é lineal con saída no Pozo do Boi (Vilatuxe), e regreso en autobús a Lalín dende Bustelos (rutas corta e media) e dende o Pozo do Boi na ruta longa.

Percorrido 8 km: Pozo do Boi, Gondoriz, Xastadelo, rego da Franqueira, rego das Minas, Bustelos. Duración aproximada 2,30 horas.

Percorrido 11 km: Pozo do Boi, Gondoriz, Xastadelo, rego da Franqueira, rego das Minas, Bustelos e volta ao Pedroselo. Duración aproximada 3 horas.

Percorrido 23 km: Pozo do Boi, Gondoriz, Xastadelo, rego da Franqueira, rego das Minas, Bustelos, volta ao Pedroselo, Ameixedo, Portomartín, Taboaledo, río Zobra, río Chedas, Pena de Panos, Porta Cidrade, Gondoríz, Pozo do Boi. Duración aproximada 6 horas e media.

A inscrición péchase o xoves día 13 de decembro as 23:59 horas.

Recomendacións:

  • levar tf móbil ca batería cargada
  • levar mochila con auga e algo de comer para a ruta
  • Calzado de monte, roupa de abrigo por se refresca
  • Non apto para menores de 12 anos

Inscricións en internet.

www.roteiros.lalin.gal

Fai a túa inscrición agora

 

Wikiloc (Roteiros de Lalín – Viarum Dezae).

Facebook (Roteiros de Lalín – Viarum Dezae).

 

 

________________________________________

Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto impulsado polo Concello de Lalín e feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.

Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 15 roteiros e está á vosa disposición. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.

RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)

RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)

RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)

RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)

RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)

RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)

RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)

RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)

RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)

RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)

RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)

 

RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)

RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)

RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)


           RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)