Roteiros de Lalín

 

CAMIÑO DOS FAROS (Etapa 5)

DIA SÁBADO 26 DE MAIO DE 2018

HORARIOS:

7:30 HORAS, SAÍDA DE LALÍN DENDE A PRAZA DA IGREXA

19:00 HORAS, CHEGADA ESTIMADA A LALÍN

NÚMERO DE PRAZAS 50 QUE SE ADXUDICARÁN POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN

APERTURA DA INSCRICIÓN DÍA VENRES 18 DE MAIO ÁS 9:00 HORAS

PECHE DA INSCRICIÓN XOVES 24 DE MAIO ÁS 23:59 HORAS

PREZO 7 EUROS (abónanse ao subir ao autobús)

RECOMÉNDASE LEVAR MOCHILA CON BOCADILLOS E AVITUALLAMENTO LÍQUIDO, porque durante o percorrido apenas hai puntos onde avituallarse.

 

Roteiros de Lalín organiza esta andaina que consiste en realizar a etapa 5 do coñecido como Camiño dos Faros. Sáese en autobús da praza da igrexa de Lalín ata o comezo do Roteiro na localidade de Arou. Alí escomezará a andaina. Haberá un percorrido curto entre Arou e Cabo Vilán de 15 quilómetros. Os que desexen continúan ata Camariñas no percorrido Longo que ten 22 quilómetros. Finalizado o roteiro, regrésase a Lalín a onde se estima que se chegará as 19 horas.

PERCORRIDO CORTO: 15 QUILÓMETROS. Arou – Cabo Vilán

PERCORRIDO LONGO: 22 quilómetros. Arou- Camariñas

Recomendacións:

  • levar tf móbil ca batería cargada
  • levar mochila con auga e algo de comer para a ruta
  • Calzado de monte, roupa de abrigo por se refresca
  • Non apto para menores de 12 anos

 

Inscricións en internet, Lalín Arena e Concello.

www.roteiros.lalin.gal

Fai a túa inscrición agora

 

Wikiloc (Roteiros de Lalín – Viarum Dezae).

Facebook (Roteiros de Lalín – Viarum Dezae).

 

Etapa 5: Arou-Camariñas

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/o-camino-dos-faros-etapa-5-arou-camarinas-track-oficial-7514177

 

________________________________________

Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto impulsado polo Concello de Lalín e feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.

Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 15 roteiros e está á vosa disposición. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.

RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)

RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)

RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)

RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)

RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)

RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)

RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)

RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)

RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)

RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)

RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)

 

RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)

RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)

RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)

           RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)