Roteiros de Lalín

 

CAMIÑO DO CORPIÑO

DIA DOMINGO 27 DE XANEIRO DE 2019

Percorrido curto 12 km

Percorrido longo 19 km

Percorrido: Pazo de Liñares, A Borralla, Vilar do Río, Noceda de Abaixo, Igrexa de Noceda, Madriñán, Taberna de Penalta (avituallamento), Anzo, Igrexa de Anzo (fin do percorrido corto), Carballeira de Agrazán, Sanmartiño, Brenzos de Abaixo, Castro de Losón, Igrexa de Losón e Santuario do Corpiño.

Na Taberna de Penalta haberá un pequeno avituallamento (bebida non incluída)

No Restaurante Sanmartín ao final do Roteiro haberá unha tapa de callos para os participantes (bebida non incluída).

9:15 horas. Concentración na Praza da Igrexa de Lalín.

9:30 horas. Saída en autobús ata o Pazo de Liñares.

9:45 horas. Comezo do Roteiro no Pazo de Liñares.

14:00 horas. Finalización do Roteiro no Corpiño.

Recomendacións:

  • levar tf móbil ca batería cargada
  • levar mochila con auga e algo de comer para a ruta
  • Calzado de monte, roupa de abrigo por se refresca
  • Non apto para menores de 12 anos

Inscricións en internet.

www.roteiros.lalin.gal

Fai a túa inscrición agora

 

Wikiloc (Roteiros de Lalín – Viarum Dezae).

Facebook (Roteiros de Lalín – Viarum Dezae).

 

 

________________________________________

Roteiros de Lalín – viarum dezae é un proxecto impulsado polo Concello de Lalín e feito a partir de voluntariado que ten por obxetivo a creación de rutas e a organización de andainas no Concello de Lalín e na Comarca de Deza. Promovemos a conservación dos camiños tradicionais e do patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e etnográfico.

Comezamos o proxecto de Roteiros de Lalín en outubro do ano 2015. O noso catálogo de rutas componse actualmente de 15 roteiros e está á vosa disposición. Só tedes que descargar o arquivo gps e xa podedes seguir o percorrido. Tamén tedes a posibilidade de participar nas andainas que organizamos periódicamente e está en marcha a colocación de sinalización permanente en varias das nosas rutas.

RUTA I. RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA (descargar track e información)

RUTA II. SENDEIRO DE ZOBRA (descargar track e información)

RUTA III. ANDAINA DO CASTRO DE SESTELO (descargar track e información)

RUTA IV. CAMIÑO DE INVERNO (descargar track e información)

RUTA V. PONTE DOS CABALOS (descargar track e información)

RUTA VI. CERCIO E OS SOBREIRAIS DO ARNEGO (descargar track e información)

RUTA VII. ROTEIRO DO MONTE DO CARRIO (descargar track e información)

RUTA VIII. FRAGAS DE CATASÓS (descargar track e información)

RUTA IX. ROTEIRO DO CANDÁN (descargar track e información)

RUTA X. MOURISCADE (descargar track gps e información)

RUTA XI. CAMIÑO DO CORPIÑO (descargar track gps e información)

 

RUTA XII. ANDAINA DA XESTA (descargar track gps e información)

RUTA XIII. TELLEIRA DE SELLO (descargar track gps e información)

RUTA XIV. SOUTOLONGO (descargar track gps e información)


           RUTA XV. ANDAINA DAS DEVESAS (descargar track gps e información)